A falta de conservación e o clima santiagués deixaron a súa pegada nas dúas torres da Catedral de Santiago, as que miran cara a praza do Obradoiro. Só as obras de urxencia, as que permitirán atallar as humidades, que se filtran ata o Pórtico da Gloria, custan 1.9 millóns de euros. A Igrexa agarda que o Ministerio de Fomento confirme unha partida (que se executará con cargo ao 1% cultural) e que suporá o 75% do orzamento total. Para completar o resto, as autoridades eclesiásticas, están a buscar financiamento. Entre estas vÃas a explorar, está a intención de recuperar o supostamente roubado polo autor do furto do Códice Calixtino, Manuel Fernández Castiñeiras, aÃnda que está por probar qué cantidade do millón e medio incautado procede do templo. As obras de urxencia da catedral teñen unha duración estimada entre 15 e 18 meses, máis un ano para completar o proceso de secado da pedra e será a primeira vez na historia do templo que se cubra a fachada da Praza do Obradoiro.
Canda isto, o responsable da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, e o arquitecto da Oficina Técnica da institución, Javier Alonso, explicaron que os estudos levado a cabo do Plan Director da Catedral especifican que o mantenemento rigoroso do templo ascenderÃa a millón e medio de euros. Están moi lonxe dos 300.000 que se destinan anualmente.