O Bispado de Lugo pretende recuperar o Claustro da Catedral

Teñen redactado o proxecto que estima o custe das obras en 1.5 millóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

É un dos Claustros Barrocos máis destacados de toda Galicia, iniciado por Fray Gabriel de Casas e finalizado polo arquitecto galego Fernando de Casas Novoa, autor da fachada da Catedral de Santiago que dá á praza do Obradoiro . A súa rehabilitación é a próxima obra que pretende facer na Catedral lucense o bispado desa diócese, segundo publica hoxe El Progreso. A Igrexa xa conta co proxecto redactado, que inclúe converter o Claustro e as dependencia contiguas nun museo, e que cuantifica en 1.5 millóns de euros o importe total das obras. Será a vindeira tarefa a realizar despois de que a restauración das pinturas da catedral, estean a piques de se rematar.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Lugo, El Progreso, Obradoiro...

Claves

Entidades
Conceptos