Un informe estima en tres millóns o custe da rehabilitación de Pambre

O proxecto propón redactar un Plan Director cos seus usos

8/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Cando a Xunta de Galicia comprou o Castelo de Pambre encargoulle ao estudo do arquitecto Mario Crecente un proxecto para a a súa restauración. Segundo publica hoxe El Progreso, ese informe estima en 3 millóns de euros o custe da rehabilitación. Ademais, valora a posibilidade de redactar un plan director que fixe o futuro uso da fortificación medieval. A máis curto prazo, a vindeira semana comezarán as obras de mellora da contorna do Castelo. Unhas actuacións que se realizarán grazas a unha partida de 109.000 euros procedentes de Fondos Europeos canalizados a través de Agader.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, El Progreso, Xunta de Galicia

Claves

Conceptos