A Xunta, a través da SecretarÃa Xeral de Turismo, está financiando a restauración do castelo de Pambre. No transcurso das obras están aparecendo máis sorpresas das agardadas: "pensabamos que tiñamos un monumento que comezaba no século XI pero de súpeto estamos indo mil anos máis aÃnda para atrás", asegura Mario Crecente, o arquitecto director do proxecto de rehabilitación con tanta sorpresa como entusiasmo. As escavacións arqueolóxicas, aÃnda non rematadas, ofrecen unha nova perspectiva, aÃnda non definitiva, sobre a ocupación dun dos castelos mellor preservados de Galicia.
Nun paÃs no que os castelos se adaptan á topografÃa dos montes como poden, de xeito irregular, o castelo de Pambre é unha xoia dun especial valor. "Estamos ante un edificio que busca un ideal, unha perfección. É o máis belo exemplar da Idade Media galega", asegura Mario Crecente, quen sinala como no baldaquino do veciño mosteiro de Vilar de Donas como un modelo a pequena escala desta prodixiosa construción levantada por Gonzalo Ozores de Ulloa a finais do século XIV. A Xunta adquiriu Pambre en 2013 aos Irmáns Misioneiros, logo dun controvertido e complexo proceso.
"Para preparar este proxecto vimos moitÃsimos castelos, e é dificil atopar esta calidade construtiva, extraordinaria que hai aquÃ", asegura Crecente, "na que a traza ideal é a súa maior singularidade: unha torre da homenaxe de 22 metros de alto, nunha pranta de 11x11 metros, que se vai ampliando nun recinto con catro torres que respectan a proporción orixinal, que parece que está implÃcita". As súas escasas transformacións desde o modelo orixinal concibido por Gonzalo Ozores de Ulloa son tamén definitorias. "Os historiadores indÃcanos que, moi posiblemente, é un dos poucos castelos que non sufriron o embite irmandiño, ou que realmente fora atacado".
Preservar a identidade do castelo
A restauración de Pambre vai concebir ao castelo como unha peza de museo que se pode visitar por dentro. Haberá unha distinción clara entre os espazos de uso público, instalacións auxiliares e servizos -que se ubicarán nas vivendas campesiñas adosadas á muralla exterior ou na que se coñece coma o "pazo", e o espazo visitable do castelo, que comprende o seu núcleo, o primeiro e segundo recintos desde o interior, con itinerarios prefixados para a visita libre para todo tipo de públicos, ou en áreas máis inseguras da fortificación coma o adarve, a través de visitas guiadas. O proxecto de rehabilitación ten un custe de dous millóns de euros con cargo a fondos europeos.
É dicir, non se contempla polo momento a reconstrución do interior do castelo -como era o habitual nas restauracións de pazos e fortalezas galegas nos 80-, senón unha visita a partir dos restos complementada coas instalacións de servizos ubicadas onde antes vivÃan os caseiros e os propietarios do complexo. A intervención, que tocará só o recinto concreto do castelo, pero non contempla polo momento os outros edificios do contorno do complexo fortificado, tamén tenta preservar a identidade visual de Pambre. "Hai moitos muros cubertos de vexetación. Non pensamos tocar as pátinas, pero si imos facer unha poda selectiva da vexetación, porque temos a idea de manter esa imaxe do Castelo arborado, da ruÃna vexetada", sinala Mario Crecente, "obviamente, debemos retirar aquela vexetación que afecte aos muros, pero eliminar as árbores de Pambre é retirarlle parte da súa identidade".
Cando a arqueoloxÃa redimensiona un proxecto
"En restauración, se tentas ser responsable, tes que traballar sempre en aberto", sinala Mario Crecente. O equipo multidisciplinar que traballa no castelo de Pambre (historiadores, arqueólogos, enxeñeiros, arquitectos, restauradores....) sabÃa que unha parte do proxecto é literalmente imprevisible: é a que deriva das escavacións arqueolóxicas. "Mesmo deseñamos un sistema de pasarelas ao que chamamos 'Ulloa system'", bromea Mario Crecente, "adaptable e configurable para poder visitar calquera sorpesa arqueolóxica que apareza".
A integración de restos arqueolóxicos non contemplados inicialmente é algo habitual en proxectos deste tipo, pero o que non se agardaban era todo o que Ãa pasar. O equipo arqueolóxico dirixido por Santiago Vázquez Collazo comezou a traballar ao redor da capela do século XI. Sempre chamara a atención a disposición da capela ao lado das sólidas murallas da fortaleza medieval, ou máis ben que o castelo medieval se erguera deixando extramuros, e nunha posición moi incómoda para a defensa da praza forte, esta capela que fora sede parroquial de Pambre na Alta Idade Media. Agora os arqueólogos xa saben que a capela debeu ser reconstruÃda varias veces ao longo destes mil anos de historia.
En primeiro lugar, apareceron un gran número de tumbas excavadas no afloramento rochoso da capela. Os historiadores prevÃan a existencia dunha necrópole, como é lóxico nunha capela parroquial. A necrópole é especialmente rica: "aparecen enterramentos de diferentes épocas e tipoloxÃas, dentro e fóra da capela". Pero hai moito máis. Crecente sinala que tamén apareceron "estruturas murarias de porte" de época "tardoantiga e sueva", o cal é especialmente significativo porque é un dos periodos máis descoñecidos a nivel arqueolóxico de Galicia . Pero os niveles aÃnda van máis abaixo, porque aparecen materiais de época galaicorromana e mesmo materiais castrexos, "pero non é un castro", asegura Mario Crecente. Os materiais tamén son especialmente abundantes: moitÃsima cerámica, moedas, pero mesmo tamén un puñal de antenas de época castrexa "moi ben conservado". Os achados arqueolóxicos son de moitÃsima relevancia, e serán contemplados no proxecto para ser introducidos dentro do itinerario de visitas do xacemento, pero o director do proxecto aÃnda é cauto para explicar a funcionalidade dos restos arqueolóxicos agachados baixo os alicerces medievais de Pambre.
As escavacións arqueolóxicas están permitindo tamén localizar traballos rupestres que poden apuntar á xestión da auga do castelo. "É unha cuestión moi relevante para un castelo medieval. Onde está a auga?", sinala Crecente, "ata o momento están aparecendo unhas canles, pero no interior do castelo aÃnda non aparece ningún espazo definido para almacenala".
Os traballos ao redor de Pambre amosan a complexidade cronolóxica do poboamento medieval galego. "Este é un edificio que nunca tivera unha intervención cientÃfica ata o momento", asegura Crecente, "e o noso reto e o interese da administración é que todas esas edificacións forman parte da historia do complexo e todas deben ser integradas". O equipo arqueolóxico aÃnda debe traballar agora no interior do castelo. Entón Pambre desvelará aÃnda máis segredos da súa construción como emblema do señorÃo das terras da Ulloa ao longo das centurias.