Mario Crecente realizará o plan director do Parque do Pasatempo

A redacción terá un custe de máis de 84.000 euros

19/7/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A consultora do arquitecto Mario Crecente gañou o concurso aberto pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para a redacción do Plan Director do Parque do Pasatempo, o emblemático espazo patrimonial iniciado polos irmáns García Naveira en Betanzos a finais do século XIX. A consultora ofreceu un orzamento de algo máis de 84.000 euros para a realización do plan, que ten por obxectivo, segundo os pregos da administración autonómica, "establecer o estado de conservación actual do ben, partindo do mellor coñecemento do xardín histórico e da súa historia a través do traballo multidisciplinar e interdisciplinar definindo as liñas de actuación de cara ao futuro no eido da súa conservación e das propostas para o seu desenvolvemento sustentable de xeito compatible cos seus valores culturais e de identidade". A consulta deberá realizar un estudo exhaustivo do ben, levantar planos e proporanse modelos de xestión no futuro, entre outras cuestións. Crecente disporá de 15 meses para a redacción e entrega do plan desde o momento da sinatura do contrato. A consultora está especializada en patrimonio cultural e turismo.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Turismo, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura...