“Este é un plan para un monte, non só para un castro”, sinala Mario Crecente, o responsable da redacción do plan director do Monte Santa Trega (A Guarda, Pontevedra), un dos monumentos naturais e históricos máis visitados de Galicia. Foron dous anos para redactar un documento que permitise unificar os criterios de actuación sobre a penÃnsula do monte Santa Trega e frear a redución do número de visitantes, pero que tamén procura ampliar a visión sobre o gran complexo arqueolóxico que aÃnda agocha este emblemático monte.
Mario Crecente, de Crecente Asociados, é claro á hora de valorar a situación actual da penÃnsula do monte Santa Trega: “hai unha perda do valor do conxunto”. Entre as cousas, o consultor ve “un claro problema de xestión. Nel interveñen 7 ou 8 administracións e iso complica moitÃsimo calquera intervención. Ata agora non habÃa unha orde destas, asà que nos centramos en definir unha estratexia. A ConsellerÃa botoulle moito valor”, sinala Crecente, en relación ao organismo que realizou o encargo, a Dirección Xeral de Patrimonio da ConsellerÃa de Cultura e Educación. Ata vinteún especialistas en diferentes ámbitos traballaron na redacción do Plan Director.
O monte de Santa Tegra alberga unha chea de monumentos arqueolóxicos do máximo interese. Desde máis de vinte petroglifos, unha fortificación “posiblemente altomedieval”, restos de granxas medievais ata o elemento máis icónico do complexo: un castro que, en estimación do equipo de arqueólogos do Plan Director, pode abranguer 20 hectáreas de superficie. “Nestes momentos só está visible aproximadamente un 5%”, sinala Luis Chantada, da empresa Terra Arqueos. Esas 20 hectáreas converten a citania de Santa Trega no castro máis grande de Galicia, unha auténtica cidade que se estende pola aba do monte ata chegar a Camposancos. E outro castro aos pés do monte. E a ermida, os edificios erguidos ao longo da historia do século XX…
“O resumo do noso diagnóstico”, destaca Crecente, é que “saltamos do concepto de monumento aillado ao de paisaxe cultural”. Na práctica, o Plan Director contempla accións no monte por seis anos, desde cuestións básicas de saneamento ata a retirada das antenas do cumio ou intervencións para recanalizar o tráfico de visitantes, como a eliminación gradual do acceso en coche ao monte.
O plan contempla usos diferenciados a diferentes alturas do monte. Na zona superior, planéase readaptar o vello proxecto de Palacios, o Restaurante Panorámico Jurado, como centro de exposicións e interpretación da paisaxe do Esteiro do Miño. A casa forestal ubicada a media altura, pola contra, converterÃase hoxe no centro de interpretación do castro, xa que desde ela pódese observar a práctica totalidade do sitio arqueolóxico. Noutra área intermedia preténdese completar o espazo con equipamentos para o disfrute do monte.
A citania
Santa Trega conserva un importante castro que é un dos elementos máis recoñecibles da PenÃnsula do Monte. Para Luis Chantada, “o xacemento ten unha estensión escavada moi ampla desde principios do século pasado, o que quere dicir que require dun investimento económico importante”. Mentres que unha pequena parte é visible para o público ao carón da estrada de subida, toda a área do sector norte está hoxendÃa baixo un bosque de acacias que afecta considerablemente á preservación do monumento. Para Chantada, “trátase de ir pechando episodios” en Santa Trega, integrando elementos coma os petroglifos ou de valor etnográfico dentro do conxunto e tendo unha idea de dimensión real do espazo. Para iso, os técnicos dividiron o sitio arqueolóxico en zonas que se irán abordando de xeito gradual.
Para Mario Crecente, os cambios deben tamén afectar á estrutura institucional do Padroado. “Cómpre abordarmos tamén a revalorización social de Santa Trega”, sinala Crecente como un dos elementos importantes do propio plan. “Hoxe non se pode concebir un plan director asà sen contar coa cidadanÃa”.
O Plan Director contempla accións durante seis anos por un montante final de 19 millóns de euros, divididos nas diferentes accións que se irán asumindo, desde restauracións, servizos, edificacións... Nestes tempos, non será doado “recargar Santa Tegra” –como o define Crecente- e invertir a curva descendente de visitantes e visibilidade social.