A Xunta daba a coñecer este 1 de agosto o Plan Director do Parque do Pasatempo, documento que rexerá a recuperación e xestión deste espazo a partir de agora. Os directores de Turismo, Cultura e Patrimonio Cultural, Nava Castro, Anxo M. Lorenzo e Mª Carmen MartÃnez Insua, xunto ao delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentaron en rolda de prensa este documento e debullaron as súas liñas básicas de acción.
Segundo explicaron, o documento aprobado "inclúe unha proposta de plan de mantemento e conservación preventiva con actividades, actuacións e intervencións materiais periódicas" para garantir o mantemento e conservación do conxunto que os Irmáns Naveira crearon en Betanzos. O Goberno Autonómico deberá abrir agora unha negociación co municipal para acordar as propostas finais para este complexo monumental, declarado Ben de Interese Cultural.
En particular, o texto propón ampliar os usos deste espazo, e deste xeito, "define algunhas actividades futuras para o monumento sempre baixo criterios de compatibilidade cos seus valores culturais". Dentro destas prevese "a organización de obradoiros e actividades que permitise darlle usos educativos, formativos e de investigación", entre outros.
No marco das accións que se promoverán nos campos de restauración e recuperación, traballaranse tamén melloras na accesibilidade do conxunto e traballos de xardinerÃa e paisaxe, ademais "instalacións e equipamento social, cultural e turÃstico". Dentro destas establecerase unha área dedicada de xeito especÃfico ao mantemento do conxunto e outra orientada á participación veciñal.
Na presentación deste documento a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, lembrou a intención da Xunta de investir 1,5 millóns de euros no desenvolvemento deste plan, dentro das achegas do Plan Xacobeo Next Generation.