O Concello da Coruña aborda a restauración da Torre de Hércules

Concedeu proxectos de musealización, rehabilitación e mantemento por un valor de 800.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

As recentes reclamacións sobre o mal estado da Torre de Hércules xa teñen resposta desde o Concello. O tenente de alcalde, Henrique Tello, presentaba onte catro proxectos de intervención no conxunto que xa foron adxudicados polas corporación local. En total, un investimento de 802.295 servirá para desenvolver tarefas de saneamento do contorno deste monumento, así como mantemento e conservación do patrimonio. No orzamento inclúense tamén dous proxectos de musealización e restauración do conxunto. Segundo Tello, esta é a maior intervención na Torre desde 1992 e coa mesma cubriránse o 75% das recomendacións da UNESCO para o edificio.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Torre de Hércules, Concello da Coruña, UNESCO

Claves

Conceptos