A contorna da Torre de Hércules volverá ser escavada

A Xunta aproba hoxe un conxunto de accións no monumento por un millón de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A contorna da Torre de Hércules volverá ser escavada

A Xunta de Galicia aprobará hoxe a sinatura dun acordo entre Turismo de Galicia e o concello da Coruña para a mellora das condicións da Torre de Hércules, segundo publica La Voz de Galicia. As actuacións terán como obxecto a mellora xeral do monumento e o seu contorno, e teñen un importe de 995.000 euros. O proxecto inclúe a escavación na área de restauración do perímetro inmediato á base da torre, completando os traballos realizados nos anos 90. Inclúense derrubos que non se escavaran de aquela e algúns dos niveis medievais. Os traballos incluirán a restauración da sala Giannini, no interior da torre, e melloras na terraza superior do faro e no edículo exterior no que se custodia a inscrición fundación da torre, de época romana.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Torre de Hércules, Turismo, Turismo de Galicia...