A restauración da Torre de Hércules intervirá nas cámaras e salas interiores e mellorará o contorno

Investiranse 1,2 millóns de euros en tres anos

10/2/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello da Coruña investirá 1,2 millóns de euros na restauración da Torre de Hércules, o emblemático monumento da cidade. A restauración, con traballos programados durante tres anos, significará intervir coa rehabilitación das salas e cámaras interiores do faro, incluída a sala Giannini, construída durante os traballos de restauración do edificio no século XVIII e a pequena estrutura do XIX que protexe a inscrición fundacional. Os traballos tamén intervirán no contorno, mellorando a eficiencia enerxética, a sinalética e o alumeado. As obras levaranse a cabo con cargo aos fondos europeos Next Generation.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Torre de Hércules, Concello da Coruña

Claves

Conceptos