Iluminación especial celebrará o segundo aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

Neste tempo invertíronse preto de tres millóns no acondicionamento do monumento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Desde hoxe e ata o vindeiro domingo, o concello da Coruña iluminará con luces de diferentes cores un dos seus edificios máis emblemáticos: a Torre de Hércules. O concello coruñés festexará deste xeito o segundo aniversario de declaración de Patrimonio Histórico da Humanidade pola Unesco. A celebración chega precedida dun informe da Unesco que advirte sobre a presión urbanística e turística sobre o monumento, así como un investimento de máis de tres millóns de euros (centrados na escola obradoiro Torre de Hércules e no centro provisional de atención ao visitantes). A comisión de seguimento deberá remitir un novo informe á Unesco antes de febreiro de 2012.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Parabéns!

Parabéns!

A Unesco recoñece a Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Torre de Hércules, UNESCO, Patrimonio da Humanidade...