Luz verde á recuperación da Torre de Hércules

Os traballos de rehabilitación do faro coincidirán coa visita dos técnicos da UNESCO

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un obradoiro de emprego iniciará os traballos de acondicionamento da Torre de Hércules. O Ministerio de Cultura daba o pasado mércores luz verde ao proxecto da Autoridade Portuaria, que cun investimento de 350.000 euros mellorará a fachada e as fiestras do edificio e acondicionará os servizos e a instalación eléctrica do mesmo. As obras coincidirán coa visita ao monumento dos inspectores que envía a UNESCO para avaliar o seu estado de cara á posible declaración coma Patrimonio da Humanidade. Precisamente o concelleiro de turismo da Coruña, Henrique Tello, viaxa hoxe a Nova York para participar nos actos de irmanamento da Estatua da Liberdade co faro herculino.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Torre de Hércules, UNESCO, Patrimonio da Humanidade...