A Torre de Hércules irmánase co faro da Habana

A iniciativa xurdiu da autoridade portuaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Logo do seu recente irmanamento coa Estatua da Liberdade de Nova York, a Torre de Hércules amplía familia, taménen América. Á unha da mañá da vindeira noite (hora galega) celebrarase o acto polo que o faro herculino se irmanará co Faro do Morro da Habana. Desta volta son representantes da autoridade portuaria os que se desprazan a Cuba para o acto. Canda a eles, Rómulo Sanjurjo e Lino Braxe ofrecerán un espectáculo na capital caribeña canda a varios artistas locais, co título Avenida Atlántica.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Torre de Hércules, Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo...