Os faros de Cabo Silleiro poderán acoller instalacións hoteleiras

A Autoridade Portuaria de Vigo os restaurará e contempla ofrecelos en concesión

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cabo Silleiro      Foto: Turismo de Galicia

Cabo Silleiro Foto: Turismo de Galicia

A Autoridade Portuaria de Vigo ven de anunciar que investirá algo máis de 1 millón de euros na restauración dos faros situados nas Illas Cíes e Cabo Silleiro. Así o decidiu onte con motivo da reunión do Comité para a Distribución do Fondo de Compensación Interportuario celebrada en Valencia. Concretamente, a Autoridade Portuaria de Vigo acondicionará os dous faros mencionados, ademais do camiño de acceso no caso do situado nas Cíes. No que respecta aos dous faros situados en Cabo Silleiro, unha vez rematados os traballos de acondicionamento, a Autoridade Portuaria contempla estudiar a posibilidade de ofrecer en concesión estes edificios para o seu posible uso hoteleiro. Non así no caso do faro das Cíes no que non se prevé ningunha explotación deste tipo. Os traballos de acondicionamento se levarán a cabo en 2019 basearanse en mellorar e modernizar as fachadas e a contorna destes singulares edificios.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Illas Cíes, Valencia