A historia do Atlante do Faro de Punta Nariga en Malpica poderÃa vivir un novo episodio tras a súa agresiva subtracción e esnaquizamento o pasado 15 de marzo para ser vendido ao peso polo valor do bronce. Tras das investigacións policiais que levaron á Guardia Civil á detención dun presunto ladrón e recuperar os seus anacos após un intento de vendelos nunha chatarreira de Abegondo, agora a empresa Arte Bronce Fundición, de Tomiño, considera posible levar a cabo unha restauración total da peza para a súa reposición, se asà o considerase a Autoridade Portuaria da Coruña, a quen pertence a escultura de Manuel Coia, pero que aÃnda non se pronunciou sobre as súas intencións de futuro para a obra .
Asà o sinala o xornal La Voz de Galicia, citando fontes desta empresa de artesanÃa dirixida pola escultora Cuqui Piñeiro e na que traballa o artesán Sergio Portela, que colaborou con Coia (O HÃo, 1940-2017) na creación da estatua de Punta Nariga. Segundo indican a La Voz de Galicia desde Arte Bronce Fundición as pezas actuais que viron nunha fotografÃa facilitada pola Guardia Civil poderÃan ser de novo soldadas. Sergio Portela valorou o custe desa restauración nunha cifra arredor do 5.000 euros, a falta dun orzamento real xa coa peza diante para unha correcta avaliación dos danos. A estatua de Coia, que formou parte do proxecto de César Portela para o faro de Punta Nariga, pesa máis de 150 quilos e mide case dous metros. En Arte Bronce Fundición gardan o molde a partir do que se elaborou esta obra que calculan que ten un valor entre os 15.000 e os 20.000 euros.