Lino Braxe e Rómulo Sanxurxo presentan Avenida Atlántica

O Teatro Colón acolle a estrea deste musical

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Unha proposta poético-musical ao abeiro das relacións entre Cuba e Galicia é a proposta que achega o Teatro Colón da Coruña esta noite. Avenida Atlántica é un espectáculo artellado por Lino Braxe e Rómulo Sanxurxo no que se mesturan sons das dúas beiras do océano. O espectáculo chega da man da Deputación da Coruña e mais da Fundación Caixa Galicia, e xa se puidera ver en Cuba no acto de irmandamento da Torre de Hércules co Faro do Morro da Habana.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lino Braxe, Teatro, Espectáculo, Cuba...