O proxecto poético-musical A caricia da serpe despídese na Coruña

O Teatro Rosalía de Castro acollerá mañá o último concerto desta formación

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Logo de quince anos de traballo conxunto, o proxecto poético-musical A caricia da serpe despídese. Lino Braxe, Miguel Ladrón de Guevara, Xosé Luís Saqués e Rómulo Sanjurjo subirán mañá ás 20:30 horas ao escenario do teatro Rosalía de Castro para finalizar unha traxectoria con máis de 250 actuacións e tres discos ás costas. Aínda que dispostos a continuar colaboracións en novos proxectos, o grupo cesa a súa andaina a atender, entre outras cuestións, á saúde de Lino Braxe, que por unha doenza de pulmóns e gorxa non pode seguir a actuar.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Teatro, Teatro Rosalía de Castro, Lino Braxe...