A música de A Caricia da Serpe é difÃcil de clasificar, blues de Nova Orleáns, pop, rock, reggae, flamenco, referencias a bandas sonoras cinematográficas, cancións populares revisadas e tangos, e sempre cun marcado carácter literario. Co novo disco “O Sorriso do Diaño”(Wonderland) A Caricia da Serpe cumpren 10 anos da súa formación como banda e neste novo traballo presentan doce temas que inclúen poemas e cancións escritos por Lino Braxe e musicados por Rómulo Sanjurjo e Miguel Ladrón de Guevara. Con respecto ao seu anterior traballo “A caricia da Serpe” (Wonderland, 2005) a banda aposta moito máis pola música orixinal e ofrece menos versións que noutras ocasións. En canto ós contidos, o grupo, tenta achegarse aÃnda máis ás preocupacións sociais. O traballo será presentado o venres, 21 de decembro na FNAC de A Coruña e o xoves, 27 o Teatro RosalÃa de Castro da mesma cidade será o concerto de presentación.
Máis información en MeGA sobre A Caricia da Serpe