Pirilampo dálle voz aos animais no seu novo traballo

Serpe de cristal achega as voces da natureza ao público máis novo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Pirilampo dálle voz aos animais no seu novo traballo

A procurar tirarlle a mala sona a animais como a píntega ou a serpe chega o novo traballo de Pirilampo. O grupo capitaneado por Xosé Lois Seixo está en xira de presentación de Serpe de cristal, un libro-CD publicado por Galaxia na colección Sonárbore. O golfiño, a abella, a serpe sapeira, a píntega, o tritón, o reiseñor, a bubela ou os peixes collen a palabre en once novos temas orixinais que se presentan con ilustracións de Federico Fernández. Colaboracións de Xurxo Souto, Andrea Seijo e Antía enriquecen este traballo que integra frautas, gaitas, acordeón, guitarras ou percusión.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pirilampo, Natureza, Xurxo Souto, Golfiño...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos