Pirilampo súmase aos libros-CD con Lucecús

O grupo achega a música tradicional aos máis novos no seu primeiro álbum

25/11/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A colección Sonárbore de libros-discos de Galaxia conta cunha nova incorporación. O grupo Pirilampo presenta o vindeiro 29 de novembro Lucecús, o seu terceiro traballo neste campo. O proxecto achega dez temas nos que os sons tradicionais marcan o ton. Xogos de voces, frauta, acordeón, guitarra, percusión, batería, baixo e gaita arroupan cancións de berce sobre Pedro Chosco, un tema sobre o Apalpador, outro sobre bruxas ou o que ten o Tío Nicanor e os seus animais como protagonistas. Logo da presentación na viguesa Casa do Libro o 29, o grupo visitará o Culturgal o 7 de decembro e mais o Museo de Arte Contemporánea da Coruña o día 14 dese mesmo mes.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pirilampo, Culturgal, Editorial Galaxia

Claves

Protagonistas