Lino Braxe: “A intención da Velada foi recuperar catro pezas que tratan temas moi presentes na nosa vida”

A obra rescata catro pezas breves escritas por Jenaro Marinhas del Valle

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Lino Braxe: “A intención da Velada foi recuperar catro pezas que tratan temas moi presentes na nosa vida”

No marco do programa que conmemora o nacemento de Jenaro Marinhas del Valle (1908-1999), Teatro Proscrito estrea mañá A Velada. A montaxe dirixida por Lino Braxe recupera os textos de catro obras (Acurrados, Pai descoñecido, O triángulo ateo e Home frouxo) escritas polo autor nos anos corenta, aínda que cunha temática totalmente contemporánea como os malos tratos, os totalitarismos ou o machismo. A montaxe, no que a música en directo ten grande importancia, estreáse no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña), o venres 21 ás 20:30 horas.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lino Braxe, Teatro, Rosalía de Castro, Teatro Rosalía de Castro...