A Biblioteca Nacional acollerá o legado de Marinhas del Valle

O centro contará cunha Galería de Bibliotecas de Especial Interese

1/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Consellaría de Cultura recibia oficialmente esta mañá a ampla colección bibliográfica de Jenaro Marinhas del Valle, cuxa figura está a se lembrar este ano a coincidir co centenario do seu nacemento.O conxunto son arredor de 2.000 títulos, dos que uns 1.200 están en galego e inclúen títulos de especial interese, coma obras do século XVII e XVIII, ou títulos dedicados polos autores, así coma un extenso fondo dedicado á lusofonía. Os fondos amosaranse na Biblioteca Nacional de Galicia, dentro dunha Galería de Bibliotecas de Especial Interese na que o centro difundirá os fondos de creadores e persoas que destacasen polo seu compromiso coa Cultura do País. A Consellaría anunciou, no marco deste evento, que a Biblioteca buscará acordos para conseguir depósitos, cesións ou doazóns deste tipo.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblioteca Nacional, Bibliotecas, Galería, Lusofonía...