A Biblioteca Virtual Egeria chega aos 400 títulos descargables

Está promovida por Galicia Digital

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A Biblioteca Virtual Egeria chega aos 400 títulos descargables

A Biblioteca Virtual Egeria anunciou que acadou os catrocentos títulos descargables. A biblioteca, promovida por Galicia Digital, permite a descarga de materiais moi diversos, desde ensaio, poesía ou investigación, tanto en galego como en castelán. As obras "poden ter sido publicadas sen interese comercial, estar esgotadas ou inéditas, polo que será difícil acceder a elas por outro medio". A biblioteca inclúe numerosos contidos memorialistas que permiten coñecer moita información sobre a Galicia do século XX.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Poesía

Claves

Conceptos