A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes creará un portal cos libros dixitalizados do Centro Ramón Piñeiro

Piñeiro e Cervantes da man

20/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes veñen de asinar un convenio para a creación dun portal de Internet que difunda as obras editadas polo Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades. As dúas primeiras obras que acollerá a Biblioteca Virtual desta fundación alacantina presidida por Mario Vargas Llosa, son “A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire”, traballo de compilación sobre o autor a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2006, e “A gaita gallega (A Habana, 1885-1889)”, primeira revista da emigración monolingüe en galego. Das dúas publicacións estará dispoñible o texto completo. O convenio asegurará fondos en galego a esta biblioteca virtual privada e posibilitará, segundo Marisol López, que “en todo o mundo se lea literatura galega”.

Máis información en Galicia Hoxe
Fondos dispoñibles na Biblioteca Virtual Galega
e na biblioteca de Culturagalega.org

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito