O Ramón Piñeiro e a Biblioteca Virtual Cervantes presentan un portal das letras galegas

O proxecto bota a andar con preto de 100 autores

13/1/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

En xuño de 2007 a Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes asinou un convenio co Centro Ramón Piñeiro para incorporar aos seus fondos os traballos realizados e publicados nesta institución. O resultado dese acordo sae á luz hoxe e chámase Biblioteca das Letras Galegas. Baixo a dirección de Anxo Tarrío, a biblioteca conta con preto de cen recursos entre imaxes, vídeos, audios e textos dixitalizados. Edicións facsímiles de textos medievais, o Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral, compilado por Francisco Vázquez Saco en 1952 ou a guía de recursos electrónicos Libros galegos en Internet de Henrique Neira Pereira son algúns dos títulos que se poden consultar neste portal.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Cervantes, Henrique Neira, Francisco Vázquez...