A Universidade da Coruña pon en marcha a Biblioteca Virtual Galega

Libros en rede

Non é o proxecto da biblioteca de Alexandría, pero case. A Universidade da Coruña presentará o vindeiro día 22, a Biblioteca Virtual galega. Unha gran biblioteca na que se poñerán en rede textos, imaxes e voz de todos os escritores galegos. Unha biografía, un catálogo das obras de cada autor, a súa propia web para os xéneros clásicos da literatura galega, no que forma parte do proxecto máis ambicioso das letras galegas. E os fondos bibliotecarios en rede están de moda, dun xeito moito máis modestos, a Biblioteca López Cortón de Cedeira, e a Biblioteca de Moaña (no seu centro de documentación local) puxeron na rede os catálogos bilbiográficos dos seus fondos e, en menor medida, algún dos seus fondos. Agora, a cultura ó alcance desde calquera ordenador.

Biblioteca de Galicia




O futuro da biblioteca de Galicia máis importante non precisa nin dun edificio, nin de moitos postos de lectura, senón dun servidor o suficientemente potente como para poder almacenar imaxes, textos e voz de todos os escritores galegos. E os responsables deste gran proxecto son tres mulleres que forman parte do plantel da Universidade da Coruña: Nieves R. Brisaboa, profesora titular na Facultade de Informática e adxunta ó vicerrectorado de innovación Tecnolóxica da Universidade coruñesa, Laura Tato, profesora titular de galego na Facultade de Filoloxía e Rosa Fernández, vicerrectora de Innovación Tecnolóxica. Pero non son as únicas, senón que nesta iniciativa traballan máis dunha ducia de persoas co obxectivo de que se convirta nun "centro dinamizador de cultura galega".
A idea da Biblioteca Virtual galega é a do poñer en rede as obras de todos os escritores galegos (que son arredor duns 500 segundo as súas estimacións). A día de hoxe, e a dous días da presentación oficial no paraninfo da Universidade da Coruña, teñen contactados a 120 autores. Nome entre os que está Manolo Rivas, Suso de Toro, Ferrín, Xabier Alcalá, Tucho, Calvo, María Xosé Quiezán.... De cara o futuro as promotoras desta idea pretende incorporar todas aquelas obras do autores que teñans algún libro publicado con ISBN na biblioteca.
E non só en relación cos autores, senón tamén cos xéneros, xa que este gran proxecto pretende priorizar os xénero literarios clásicos como son a narrativa, a poesía, o teatro, a literatura infantil e xuvenil.




Anexos á biblioteca

A Biblioteca de Galicia pretende incorporar textos, imaxes (vídeos dos autores lendo as súa propias obras) e voces. Pero a idea titánica non se queda aí, senón que pretende ser moito máis amplo. De feito, este proxecto ten un anexo que pretende realizar unha viaxe polas bibliotecas de Galicia. Así, neste sitio web poderase facer unha viaxe a través dun mapa de Galicia dos museos (dos que se darán os seus números de teléfono e horas de visita) e dos monumentos máis destacado de cada concello.
Pero este percorrido bilbioteconomista por Galicia non será o único que se inclúe. De feito, outras das súas ideas pretende incorporar roteiros literarios como o da Esmorga de Blanco Amor que se festexa en Ourense anualmente.













Bibliotecas máis modestas


Ó lado deste gran proxecto, existen outros, a menor escala que tamén relacionan fondos, bilbiotecas e rede. Por unha banda está o concello de Moaña, que ofrece na rede todo o seu fondo bibliográfico (das tres bibliotecas das que dispón o concello) ademais de incorporar diferentes textos que teñen que ver coa historia de Moaña. Pero non é o único, o concello de Cedeira, acaba de poñer en rede o Catálogo bibiográfico da súa biblioteca (a López Cortón de Cedeira). Son iniciativas de índole moito menor, pero que serve para aportar o seu gran de area.