Nace Europeana, a biblioteca en liña europea, con escasa presenza da cultura galega

O portal inclúe imaxes, textos, arquivos de son e vídeo

20/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Hoxe preséntase na Biblioteca Nacional de Bélxica, en Bruxelas, Europeana, o portal bibliotecario en liña da Unión Europea. Un proxecto que conta con recursos como textos, imaxes, vídeos e sons. Nela pódense consultar desde partituras orixinais de Mozart ata obras de Ramón Llul. Malia contar coa colaboración da Xunta de Galicia (a través da Biblioteca Dixital) e estar noutras linguas como o catalán, Europeana non está en galego e conta con escasos recursos da nosa cultura. Textos en castelán de Murguía, crónicas do século XIX, algúns mapas, fotografías do Camiño de Santiago ou o libro de José Villa-Amil sobre prehistoria son algúns dos 97 fondos que se localizan buscando Galicia no web. A Consellaría de Cultura asegura que desde a Biblioteca Nacional enviáronse documentos para este proxecto.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblioteca Nacional, Mozart, Camiño de Santiago, Prehistoria...