A Universidade da Coruña volcará na Biblioteca Virtual Galega os fondos da RAG

Fusion G

| Santiago. Redacción. | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Real Academia Galega terá os seus fondos en rede. E os encargados de facer ese traballo son o equipo de informática e o departamento de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña (UDC). Así o ratificaron os presidentes de ambas institucións Meilán Gil e Barreiro Fernández que onte asinaron un convenio de colaboración. En virtude deste acordo a Biblioteca Virtual Galega contará cunha máis ampla base de datos de literatura clásica, con abondosa documentación do século XIX e a Real Academia Galega terá o seu propio portal.

Máis información na Biblioteca Virtual Galega; El Correo Gallego e a Universidade da Coruña

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade da Coruña, Real Academia Galega, Literatura, El Correo Gallego