A Biblioteca Virtual Galega está a celebrar nestes dÃas o seu segundo aniversario. O 22 de febreiro do ano 2002 vÃa a luz este proxecto que naceu coa finalidade de se constituÃr nun dinamizador da literatura e da cultura galegas. Nacida como un proxecto de investigación da Universidade da Coruña, a BVG, xa desde o principio, contaba cun bo número de páxinas dixitalizadas, cun catálogo completo dos autores e autoras de Literatura Galega de creación de todos os tempos, cunha mostra de vÃdeos de autores actuais lendo a súa obra e cunha sección de Viaxe Virtual por Galiza. A BVG naceu coa vontade de atender as demandas de todo tipo de interesados na nosa literatura. Neste sentido, a BVG pretende achegarse a todos os sectores implicados na cultura galega, mostrando unha actitude aberta cara ás iniciativas de autores descoñecidos que queiran dar a coñecer a súa produción na biblioteca. A BVG ten asinado un convenio de colaboración coa Real Academia Galega e, en datas recentes, principiou unha colaboración coa revista de literatura Lg3, estabelecendo vÃnculos entre a información de ambos os portais.
Máis información na Biblioteca Virtual Galega