A Real Academia Galega e a Fundación Barrié traballarán xuntas na catalogación e dixitalización dos fondos da entidade

RAG na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“Recuperar e situar na rede os periódicos máis importantes de Galicia e exemplares que están fora da rede común”. Eses son os obxectivos, en palabras do presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, do traballo que realizarán a Fundación Barrié e a institución que preside. Un proxecto que supón a catalogación e dixitalización das revistas (que son unhas 1.800 cabaceiras de coleccións completas) anteriores a 1930 e poñelas a disposición dos investigadores na rede. O traballo, que terá un custo de 75.759 euros, será realizado por unha empresa vencellada á Universidade da Coruña, persoal da Academia e bolseiros en 18 meses.

Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego .

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Fundación Barrié, Xosé Ramón Barreiro, El Correo Gallego...