A seguir a liña doutras efemérides, a actual situación de confinamento está a levar ás redes as celebracións arredor do 23 de abril, DÃa do Libro. Deste xeito, a ConsellarÃa de Cultura xa anunciou que as súas bibliotecas, museos, arquivos e centros dependentes desenvolverán unha programación especial por mor da data. Un "bookcrossing virtual, concursos en redes sociais, exposicións, proxectos colectivos desde a casa ou unha serie de videorecomendacións" son algunhas das propostas que se desenvolven desde as bibliotecas públicas autonómicas. O bookcrossing virtual enmárcase nunha iniciativa estatal pola que "cada biblioteca ou centro participante compartirá en liña un libro da súa colección ou do seu catálogo de publicacións, para consultar ou descargar".
Tamén a Deputación de Pontevedra anunciou actividades virtuais por mor da data, que inclúen un mapa literario que achega autores como RosalÃa de Castro, Cervantes, Harper Lee, Gabriel GarcÃa Márquez, Mariama Ba, Khaled Hosseini, e Kate Grenville. Ademais, achegará recomendacións literarias da man de diferentes autoras e autores do paÃs nun vÃdeo o propio dÃa 23. A editora coruñesa Hércules, pola súa banda, convocou unha lectura colectiva de obras a través das súas redes sociais, coa participación de persoas vencelladas á editorial.