José Luís Baños imponse no I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda convocou este certame

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Fashion Victims é o título da obra coa que José Luís Baños de Cos se impuxo no I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle que convocou a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña. O xurado, composto por Xosé Manuel Rabón, director de escena, Sabela Hermida, actriz e investigadora e Lino Braxe, dramaturgo e director de escena que actuou como secretario, seleccionou ademais Albatros en terra, da autoría de Alberto G. Aneiros como obra merecedora do primeiro accésit. O segundo accésit foi para No ventre da balea, de Fernando Castro Paredes. Os traballos galardoados serán publicados nos Cadernos de Teatro Alexandre Bóveda e o gañador estrearase en formato de lectura dramatizada por ACAB Teatro, grupo teatral da Agrupación.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Alexandre Bóveda, José Luís Baños de Cos, Fernando Castro Paredes...