A Coruña lembra a Lino Braxe no XXIV Memorial Ibán Toxeiro

Na gala que se celebra este 10 de novembro poderá verse a última obra do autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A Coruña lembra a Lino Braxe no XXIV Memorial Ibán Toxeiro

O Teatro Rosalía de Castro, na Coruña, acolle a partir das 20:30 horas deste 10 de novembro unha edición especial do Memorial Ibán Toxeiro. O encontro que a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda dedica ao seu traballo escénico cada ano, lembra nesta vixésima cuarta edición a Lino Braxe. O actor e dramaturgo falecido en decembro 2020 era un activo membro deste colectivo. Na gala, poderá verse por vez primeira a súa última obra, O real coronavirus, a cargo do Grupo de Teatro da Agrupación baixo a dirección de Manuela Varela.

Varela dirixe tamén o conxunto da gala, na que se lle fará entrega do Premio de Honra da AC Alexandre Bóveda á familia do falecido en recoñecemento ao seu labor. Ademais, haberá unha lectura de poemas do autor e proxectarase un vídeo no que se lle pode ver a interpretar unha versión musicada de Negra sombra. Outras proxeccións audiovisuais repasarán o seu traballo como actor e no campo das artes plásticas. Pola súa banda, a compañía Bucanero Teatro recupera para a ocasión unha peza escrita polo homenaxeado.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lino Braxe, A Coruña, Teatro, Alexandre Bóveda...