Publicacións, exposicións e teatro conmemoran o pasamento de Alexandre Bóveda

Os novos estudos da emisora Cuaf FM levarán o seu nome

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Este sábado comezan as actividades previstas pola agrupación cultural Alexandre Bóveda para conmemorar o 75 aniversario da morte do intelectual. Será a inauguración dos novos estudos de gravación da emisora de radio Cuac FM que levarán o nome do galeguista. Será en xuño, a coincidir coa data do seu nacemento, cando terán lugar as actividades principais, que inclúe música e unha publicación na que participarán, entre outros, Méndez Ferrín. O grupo teatral da asociación encargarase de escenificar os capítulos máis destacados da vida de Bóveda. Ademais doutras actividades desta entidade, o colectivo reeditará o cómic que narra a súa vida.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alexandre Bóveda, Teatro, Exposicións, Méndez Ferrín...