A Cátedra Bóveda porá na rede 730 documentos inéditos do galeguista

Unha exposición en Pontevedra amosará a vida deste persoeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Un total de 730 documentos inéditos relacionados con Alexandre Bóveda estarán dispoñibles a partir da vindeira semana no web da Cátedra que leva o nome do galeguista. Este material, cedido na maior parte pola súa familia, facilitará o traballo dos investigadores, que terán tamén a opción de consultar Alexandre Bóveda nos seus documentos. Catálogo. Este libro, editado por Difusora e coordinado por Uxío Breogán Diéguez recolle todo tipo de manifestacións relacionadas coa figura deste activista, así como varias reproducións de documentos orixinais. O vindeiro sábado comezará no Pazo da Cultura de Pontevedra a exposición Alexandre Bóveda. Da vida e o compromiso. 1903-1936. Na mesma, canda a diferentes documentos inéditos poderán verse tamén obxectos persoais na que se presenta como a máis ambiciosa mostra realizada sobre esta figura.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alexandre Bóveda, Breogán, Pazo da Cultura de Pontevedra

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares