Unha exposición e varias ofrendas florais lembran a figura de Alexandre Bóveda

Cúmprense 75 anos do seus fusilamento na Caeira (Poio)

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
Alexandre Bóveda

Alexandre Bóveda

Hoxe cúmprense 75 anos do fusilamento de Alexandre Bóveda. Unha efeméride que a fundación que leva o seu nome celebra cunha serie de actividades en varias localidades relacionadas coa vida do intelectual. Entre Pontevedra e Poio desenvolverase unha ofrenda institucional, un acto cívico e a entrega do VI Premio Día de Galiza Mártir, que este ano recae en Xosé Álvarez Castro, da asociación pontevedresa de recuperación da memoria histórica “Sempre con vós, cidadanía pola verdade”, e autor do blog “Pontevedra nos anos do medo” que difunde a historia da represión nesta comarca. Ademais, na Coruña celebrouse onte unha homenaxe que reuniu ao secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, e a Xosé Ramón Freixeiro, en representación da Universidade. Nesta mesma cidade aínda se pode ver a exposición “Formas de ver a Bóveda”, que recupera a figura do intelectual a través de obra gráfica, pintura, escultura e manuscritos de artistas, escritores e escritoras de todo o país.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alexandre Bóveda, Poio, Pontevedra, Xosé Ramón Freixeiro...