Mini e Mero levan o premio Día da Galiza Mártir

O seu traballo a prol da memoria histórica foi recoñecido pola Fundación Alexandre Bóveda

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Fundación Alexandre Bóveda decidiu homenaxear este ano o traballo a prol da memoria histórica de Xosé Luís Rivas Mini e mais Baldomero Iglesias Mero. Os dous investigadores e músicos recibirán o vindeiro 17 de agosto en Pontevedra o premio Día da Galiza Mártir. O galardón recoñece, segundo a fundación, a preocupación por investigar a represión franquista así como un importante traballo de divulgación mediante cancións coma Romance de cego á caída de Manuel Ponte ou Comandante Moreno ou As Cunetas ou o disco Silencios na memoria, realizado co grupo A Quenlla e que está centrado nesta temática.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alexandre Bóveda, Memoria Histórica, Fundación Alexandre Bóveda, Manuel Ponte...