Pontevedra, A Coruña e Oleiros lembran ao galeguista Alexandre Bóveda cando se cumpren setenta anos do seu fusilamento

Bóveda da Memoria

17/8/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Hoxe cúmprense setenta anos do fusilamento de Alexandre Bóveda (Ourense, 1903- Pontevedra, 1936). Esta foi a data escollida para honrar aos mártires galeguistas asinados durante a Guerra Civil e chamóuselle “Día da Galicia Mártir”. Con motivo da efeméride, e coincidindo que estamos en pleno Ano da Memoria sucédense as actividades por toda Galicia. Dúas ofrendas florais, unha na Caiera (Poio) e outra en Oleiros (A Coruña) lembrarán as figuras dos paseados no 36 como o galeguista ourensá e o oleirense Xaquín Taboada. En Pontevedra, haberá un xantar-homenaxe a Mariví Vilaverde polo seu labor a prol da recuperación da Memoria Histórica. Ademais, na Coruña hoxe tamén terá lugar a inauguración de dúas rúas que lembrará as figuras de Bóveda e Pedro Galán Calvete.

Máis información no web da Agrupación cultural Alexandre Bóveda, en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alexandre Bóveda, Pontevedra, A Coruña, Oleiros...