“A polÃtica, pero máis alá da polÃtica” acostumaba dicir Alexandre Bóveda (Ourense, 1903- Pontevedra, 1936). E ese “máis alá” era a análise da realidade económica de Galicia, a defensa do estatuto, as corais en que lle gustaba cantar, a creación da Caixa de Aforros de Pontevedra e o seu traballo a prol do galeguismo. Uns ideais que acabaron coa súa vida no momento do levantamento de 1936. Hoxe cúmprense cen anos do seu nacemento e numerosos concellos e a fundación que leva o seu nome celébrano cun programa cargado de actos.
Bóveda foi, xunto con Castelao, un dos pensadores do galeguismo que máis afondaron teoricamente na realidade económica de Galicia. “O problema de Galicia -apuntou Bóveda- non é somentes un problema de diñidade coleitiva, de dereito natural, de reivindicación histórica. Non. É fundamentalmente un problema de comenencia económica”. A participación de Bóveda nos asuntos económicos do paÃs, asà como a súa implicación na discusión, redacción e defensa do Estatuto de AutonomÃa, a creación do Partido Galeguista e a loita polos intereses de Galicia marcaron a súa vida. E tamén a súa morte. A consecuencia dos sucesos de xullo de 1936, Bóveda foi preso no Goberno Civil de Pontevedra, Pontecaldelas, Caldas... asà ata que un sumarÃsimo xuÃzo en que foi condenado a pena de morte. Foi executado na Caeira, en Pontevedra, o 17 de agosto de 1936. E para que non quedase lugar en que chorar, os fascistas que o fusilaron mandaron cortar os piñeiros contra os que as balas acabaron coa súa vida.
De cen a un anos
Hoxe cúmprense cen anos do seu nacemento (o dÃa 4 de xuño de 1903, aÃnda que foi rexistrado o dÃa 7) e por iso a fundación Alexandre Bóveda quere dar a coñecer a súa figura. Esta tarde a Fundación, a Universidade de Vigo, o Concello e a Deputación de Ourense farán unha ofrenda floral diante da casa en que naceu hai cen anos e desde a que iniciarán o camiño cultural pola cidade que se chamará “Roteiro Bóveda”. Os actos rematarán cun concerto musical e cun recital poético no Salón Noble do Liceu Ourensá aos que seguirán unha cea. Hai máis actos en Pontevedra, onde ata o vindeiro 29 de xuño se pode ver no Pazo Mugártegui unha exposición de materiais inéditos arredor da figura do mártir.
Pero a recuperación da súa figura non pode quedar nun só dÃa, por eso a fundación creada hai máis de dez anos, leva traballando para recuperar do esquecemento o nome e o legado deixado por Bóveda. E entre os múltiples fÃos abertos pola fundación hai actos tan diferentes como a creación dun monumento e dunha rúa (na Coruña); un monumento en Ourense; a dixitalización do seu arquivo persoal na que está implicado o Consello da Cultura Galega (CCG) e do que Culturagalega.org ofrece un fragmento da participación de Bóveda na Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra (gravado en 1929 e do que o Arquivo Sonoro garda a copia cedida pola Fundación). Pero hai máis recitais, conferencias, e mesmo se baralla a creación dun documental sobre a súa vida, unhas xornadas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) sobre a facenda pública, asà como unha exposición fixa (que xa se pode visitar no Pazo da Cultura pontevedrés) e outra itinerante. Unha serie de actividades que contarán coa colaboración de varias entidades e que non todas teñen datas fixadas para a súa celebración. O que si a ten, segundo apunta UxÃo Breogán, membro da Fundación Alexandre Bóveda, é un ciclo de conferencias que comezarán o 18 de xuño en Vigo no que Avelino Pousa Antelo, Fernández del Riego, o fillo de Bóveda, Xosé LuÃs Bóveda e UxÃo Breogán entre outros tentarán achegar a figura do galeguista. Neste ciclo tamén se presenta o libro da “Asemblea de Concellos de Galicia para o Estatuto” coa que se inicia a colección de documentos que ten previsto realizar a fundación. Ademais, o pasado 2 de xuño o concello de Pontevedra decretou este ano como “Ano Bóveda”, unha celebración que pretende contribuÃr a ese interese por dar a coñecer a figura e a historia do galeguista, que é, en resumidas contas, o obxectivo principal que une os diferentes actos previstos.
Bóveda e a dimensión económica
Desde novo Bóveda participou na vida social de Ourense e Pontevedra as cidades ás que máis estivo ligado. Se en Ourense naceu e se formou social e intelectualmente, en Pontevedra desenvolveu a súa madurez desde un punto de vista público. De feito formou parte das formacións corais de ambas as cidades e contribuÃu a crear a Coral Polifónica de Pontevedra. E esa implicación na vida cultural fÃxoo entrar tamén en circuÃtos galeguistas da época.
Castelao e Bóveda coñecéronse nas tertulias do pontevedrés Café Méndez Núñez logo de que o ourensán acadara unha praza de funcionario público da Delegación de Facenda de Pontevedra. E nesta amizade xestouse o xermolo de moitos proxectos en favor da autonomÃa de Galicia. Foi un dos artÃfices do Partido Galeguista, que quedou formalmente constituÃdo en xaneiro de 1931 e para o que Bóveda redactou o TÃtulo V do “Programa de Aición”, que é o que atende ao réxime fiscal.
Non foi ese o único momento en que Bóveda atendeu os problemas estructurais do chan galego (desde o minifundismo, dos recursos fixos e renovables da terra, dos dereitos, impostos e outras participacións da terra, ata a explicación da xustificación dos gravames sobre a terra... sentando os principios da facenda Rexional). De feito, foi escollido para formar parte da Comisión Redactora do Estatuto, que se discutiu en Santiago e ao que Bóveda se adscribiu ao tÃtulo III (que fai fincapé na Facenda Rexional). A súa achega foi tamén importante na creación da Caixa de Aforros de Pontevedra arredor de 1930. Un feito que fai importante a súa achega á vida económica de Galicia e que xustifica o interese da EGAP por participar no “Proxecto do centenario Bóveda”, nome dado pola Fundación aos actos que queren destacar a súa figura.
O fusilamento de Bóveda cando contaba con 33 anos en Pontevedra, e a instauración do dÃa do seu pasamento como “DÃa da Galicia Mártir”, en 1942, a cargo do Partido Galeguista, contribuÃron a que Bóveda se convertese nunha icona da historia recente de Galicia.