A Agrupación Alexandre Bóveda recupera a memoria do Seminario de Estudos Galegos

Unha publicación da entidade amosa a derradeira foto do histórico colectivo o 18 de xullo de 1936

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Membros do SEG no Dólmen de Dombate. 18 de xullo de 1936. Fonte: AC Alexandre Bóveda

Membros do SEG no Dólmen de Dombate. 18 de xullo de 1936. Fonte: AC Alexandre Bóveda

Unha fotografía no Dolmen de Dombate tomada o 18 de xullo de 1936 é a derradeira imaxe que existe do Seminario de Estudos Galegos. A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña, fixo pública a instantánea nas súas redes sociais este 14 de xuño a coincidir coa conferencia que imparte, ás 19:30 horas na súa sede, Iria-Friné Rivera Vázquez co título
Celebrando o SEG. Emulación, emancipación, redención.

A palestra céntrase na campaña de investigación que o Seminario desenvolveu ao longo do verán de 1936, na liña das que realizaba desde a súa posta en marcha trece anos antes. A imaxe que a Alexandre Bóveda rescatou dun arquivo particular preséntase como a homenaxe que, no marco destas actividades, o SEG rendeu a Eduardo Pondal coa visita ao megálito que o bardo cantou nos seus versos. "Ese foi tamén o derradeiro día no que o SEG viu a luz do día", apunta a Agrupación.

A fotografía, canda a outros contidos sobre a institución, poden atoparse na publicación de Iria-Friné O Seminario de Estudos Galegos, que se distribuirá ás persoas que asistan á conferencia e que está tamén dispoñible para libre descarga no web da A.C. Alexandre Bóveda.

Que che parece esta nova?
123 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alexandre Bóveda, Seminario de Estudos Galegos, Fotografía, Eduardo Pondal...