Auditorio do Museo Carlos Maside
Coa intención de "observar o bo coidado e impulsar de xeito orgánico o pleno funcionamento do Museo Carlos Maside" presentábase este 14 de xaneiro a Comisión o Castro. A nova entidade, que aglutina unha serie de persoas e colectivos, funciona de xeito asembleario e está coordinada Iria-Friné Rivera Vázquez.
Desde a Comisión destacan a importancia deste centro, recoñecido como ben de interese cultural en xullo de 2025, a sinalar que "dada a importancia do Museo para coa sociedade galega e o seu lugar dentro da arte europea e internacional" cómpre que manteña "a súa natureza xa definida polos Fundadores: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane". Da súa situación actual denuncia "o estado de conservación do espazo, as obras da colección e a documentación, a ausencia de actividade e de programación fiel aos principios cos que foi creado e o nulo interese en que funcione como o que é".
O novo colectivo defende que o Carlos Maside debería abrir a seguir a perspectiva coa que foi fundada. Así, lembra que o museo "é unha parte integral de Sargadelos. Dado o sistema de funcionamento establecido de interrelación entre distintas áreas, o Museo constitúe o epicentro no cal ideas, influencias artísticas, temas, estilos, feitos, artistas, figuras históricas e documentación histórica serven de base para a realización de deseños para cerámica que hoxe teñen un lugar nos fogares así como para unha actitude activa da cultura".
Para a Comisión "a personalidade única deste Museo é que expón a innovación intelectual galega e europea dende as décadas de 1920 e 1930 en adiante, a un nivel igual por exemplo aos actuais arquivos da Bauhaus en Berlín. Este Museo resulta, a todos os efectos, un espazo único no cal estar e que no contexto de hoxe segue a dar a cuestións complexas respostas clarificadoras".
A comisión, nada no marco da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, está conformada, entre outros colectivos por Asociación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña), a AC Irmáns Suárez Picallo de Sada, a Plataforma Carlos Maside (Santiago de Compostela), a Asociación Cultural Lugo Patrimonio (Lugo), 19 de Meirás, Bloque Nacionalista Galego, Alternativa dos Veciños (Oleiros), a Rede de Escolas de Ensino Galego – Semente Nacional, Sadamaioría (Sada), a Fundación Alexandre Bóveda (Pontevedra), a Fundación Manuel María (Lugo), Federación Galiza Cultura (A Coruña) ou Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra (Pontevedra) entre outras entidades.
De xeito previo a esta presentación, unha trintena de entidades botara a andar un manifesto a reclamar "a protección e preservación do legado e obra de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, fito fundamental da cultura e memoria histórica de Galiza", e continúa aberto a adhesións colectivas e individuais.