Abre en Vigo CUBO, un novo espazo para a arte

Pilar Alonso, Yolanda Carbajales e Iria Vázquez inauguran as exposicións do novo centro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Abre en Vigo CUBO, un novo espazo para a arte

Aínda que leva un tempo en marcha, foi o pasado venres que abría oficialmente as súas portas CUBO. Este novo espazo para a arte e a cultura en Vigo nace da man de Alfons Freire coa vontade de acoller exposicións, debates, conferencias, presentacións e diferentes actividades. O local, de 90 metros cadrados, conta con dúas salas e inicia a súa actividade oficial cunha tripla exposición a cargo de Pilar Alonso, Yolanda Carbajales e Iria Vázquez. Colectivos como Ateneo Atlántico, Os Ninguéns ou o Movemento de Defensa das Pensións seleccionaron xa este espazo como sede das súas actividades. A iniciativa prepara xa novas actividades como o ciclo Bigo-Varcelona.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Exposicións, Atlántico

Claves

Conceptos
Lugares