Vigo conta cunha nova sala teatral

Ártika Cultura e Arte abría as súas portas o pasado 27 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Vigo conta cunha nova sala teatral

O pasado 27 de decembro abría as súas portas unha nova sala que quere completar a oferta escénica en Vigo. A Avenida de Beiramar acolle a sede de Ártika, Cultura e Arte, un espazo que conta con 150 prazas para o público e que centrará a súa programación nas fins de semana, cunha especial atención ao público infantil. Así, A historia do Apalpador de Títeres Cachirulo serviu para abrir a programación nos días de inauguración. A compañía Triatreros actuará como residente no novo espazo, que ademais ofertará cursos e actividades como música, danza ou ioga.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Danza, Títeres Cachirulo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares