A viguesa Sala Ártika acolle este 11 de decembro e ata o vindeiro día 13 a estrea en teatros de El diablo en la playa, novo espectáculo de Matarile Teatro. Celeste e Claudia Faci poñen nas táboas o texto de Ana Vallés nunha montaxe que mestura teatro e danza con videoproxeccións e que conta con escenografía e luces de Baltasar Patiño. Logo de se presentar no festival FITO de Ourense a obra inicia unha xira que ten previsto chegar a Compostela o vindeiro mes de febreiro.
Segundo explica a presentación do espectáculo, "no principio foi o caos. Despois, con Celeste e Claudia, C e C, chegaron as tentacións. O (re)coñecemento de Celeste e a fantasía de Claudia. Di Roy Andersson que o plano xeral, o espazo que rodea a unha persoa, di máis dela que o seu propio rostro. Como consideraremos aquí o corpo, como primeiro plano que acompaña ao rostro e conforma o prexuízo dun estereotipo? Ou como parte do plano xeral que define unha forma de estar e habitar? O diaño paseándose en bicicleta polas rúas baleiras, como anxo custodio sen corpo que acompañar. O errante que se equivoca e o errante que vaga sen sentido. Reunir a Claudia e a Celeste é como convocar ao anxo e ao demo, sen tentar definir quen é que, quen é quen, ou en que momento son intercambiables".