Matarile teatro leva os seus Hombre Bisagra a Vigo e a Compostela

O ALT acolle a posta en escena do último espectáculo da compañía

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Matarile teatro leva os seus Hombre Bisagra a Vigo e a Compostela

Logo da estrea o pasado outono no FITO de Ourense, Matarile Teatro leva a súa última produción, Hombres Bisagra de xira. O Alt de Vigo acolle o vindeiro 14 de marzo nova representación deste proxecto, coordinado por Ana Vallés e Baltasar Patiño. Posteriormente, a obra poderá verse no Teatro Principal de Santiago entre os días 24 e 27 de marzo deste ano. Hombres bisagra xorde dunha proposta conxunta de Patiño e do percusionista Nacho Sanz e propón unha representación achegada a un concerto no que catro homes interactúan sobre as táboas ao ritmo de sintetizadores da primeira época da electrónica e nun contorno de escenarios cambiantes.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Matarile Teatro, Vigo, Espectáculo...