Matarile Teatro leva a escena Pussy Cake

Estrea a peza no Teatro Principal de Compostela este 26 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Matarile Teatro leva a escena Pussy Cake

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle estes 26 e 27 de xaneiro a presentación de Pussy Cake, a nova produción escénica de Matarile Teatro. Con dirección de Baltasar Patiño, a proposta inspírase no traballo da fotógrafa estadounidense Francesca Woodman, precursora do selfie, e na estética pornográfica das cam girls.

Na montaxe, de setenta minutos de duración, mestúranse danza e performance cunha intensa ambientación sonora que se combina con proxeccións videográficas e un dispositivo móbil de iluminación creado especificamente para o espectáculo. Segundo asegura a compañía, "a musica, a súa produción e a iluminación é o máis estremo que saíu da factoría Baltasar P", ata o punto de que o público asistente recibirá tapóns para protexer os seus ouvidos durante a representación.

Andrea Dunia, Raquel Esteller e Alejandra Balboa corren coa interpretación escénica, e interpretan as coreografías creadas por Rut Balbis e Nuria Sotelo.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Matarile Teatro, Baltasar Patiño, Teatro Principal de Santiago de Compostela...