
Marián Bañobre e Avelino González protagonizan esta traxicomedia que escribe e dirixe Santiago Cortegoso. No escenario danse cita dúas tramas, unha na que dous cientÃficos no futuro tentan resucitar a especie das abellas a partir dun tarro de mel, e outra na que dous irmáns debaten que facer co legado que os seus pais deixaron na aldea.
Despois da estrea, a montaxe conta xa con datas confirmadas en Ourense (27 de febreiro), Boiro (13 de marzo), Vigo (20 de marzo), Cangas (25 de abril), A Coruña (15 de maio) e Narón (16 de maio).