Nados aÃnda o pasado mes de setembro como compañÃa profesional, os lucenses Lucecús Teatro presentan mañá en Compostela a súa primeira montaxe. Anxo Manoel, Isa Herrero e Rubén Pérez levan ás táboas do Salón Teatro A órbita do lucecú, unha creación colectiva dos seus tres compoñentes que conta coa coordinación de Santiago Cortegoso. A comedia, que se estreou no Festival Internacional de Teatro de Ourense explora a relación de tres compañeiros de piso que, "orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxÃa que conteñen no seu interior marcará os destinos destes personaxes, a partir dos que se indaga nas relacións humanas propoñéndolles aos espectadores unha curiosa e divertida viaxe na que conflúen o planeta Marte, o cientÃfico serbio Nikola Tesla e os lucecús". A estrea será ás 20:30 horas do venres 26. As funcións continuarán sábado á mesma hora e domingo 28, ás 18:00 horas.