Lucecús teatro aposta pola ciencia-ficción en Logos

Rianxo acolle o día 18 a estrea da montaxe, que se poderá ver en Lugo o día 21

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Lucecús teatro aposta pola ciencia-ficción en Logos

Como "un xogo cósmico de revisión posmoderna do mito de Prometeo, ambientada nun futuro distópico" presenta a compañía Lucecús Teatro a súa nova montaxe, Logos. A obra, que parte dun texto de Anxo Manoel e dirixe Santiago Cortegoso conta a historia de Nomi e Clin, "dúas das pezas máis baixas da engrenaxe do sistema" que "viven cómodamente nun mundo no que todo aquel que nel habita ten traballo, come, ten cobertura sanitaria...etc. Aparentemente todo funciona á perfección, pero Nomi descubre que non son libres de facer aquilo que queiran facer, que só uns elixidos poden e que o destino da maior parte da poboación, é desaparecer para que o mundo quede nas mans da elite". O contacto cun novo personaxe, Promo, "criadcriado e educado para herdar as rendas do poder" fará que os tres tenten cambiar a situación. O auditorio de Rianxo acolle o día 18, a partir das 20:30 horas, a estrea da obra, que ten a súa seguinte cita no Auditorio Gustavo Freire de Lugo este domingo 21 á mesma hora.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lugo, Rianxo, Ciencia...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares