Lucecús Teatro estrea a produción 'PingüiSOS'

O novo espectáculo familiar da compañía aborda a situación migratoria

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroSociedade
Compartir:
Cartel de pingüiSOS. Deseño gráfico: Isa Herrero

Cartel de pingüiSOS. Deseño gráfico: Isa Herrero

A partires dunha noticia real sobre a chegada de centos de pingüíns ás costas brasileiras arrastrados pola corrente e confundidos pola calor tropical, a compañía teatral Lucecús Teatro ven de presentar o seu novo espectáculo familiar: PingüiSOS. A compañía estreou onte no Concello de Cariño esta obra na que, a través de tres pingüíns que viaxan nunha balsa, camiño da terra desexada, fan unha fábula sobre os procesos migratorios. Estes tres individuos procedentes dunha realidade tan diferente viaxan ao corazón de Europa, na procura da felicidade da que tanto escoitaron falar e para chegar ao seu obxectivo terán que pasar unha chea de aventuras por mar e terra baixo un sol ou un frío que abrasa ou conxela. A súa primeira parada e porta de entrada a Europa será Galicia. Con este divertido espectáculo a compañía integrada por Anxo Manoel, Isa Herrero e Rubén Pérez – que interpretan a estes extraviados pingüíns- busca iniciar nunha faceta máis social da compañía. A dramaturxia e dirección corren a cargo de Rubén Pérez e a escenografía é de Iago Lamela. A obra poderá verse o vindeiro 12 de agosto en Malpica.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Teatro, Europa, Concello de Cariño...

Claves

Conceptos
Lugares